Arquivos

Nube de etiquetas

Exposición sobre as ferramentas da web social

DSCN1037

O Equipo de Normalización e Dinamización e mais o Equipo TIC son os responsábeis desta exposición situada na Sala de usos múltiples e realizada como complemento á presentación publicada na rede. Unha escolma dalgunhas das mellores ferramentas para a creación e xestión de blogues, redes sociais, escritorios virtuais, fotologs, planetas de sitios… en galego.

Agora comeza a elaboración de guías áxiles que mostren as posibilidades, fundamentalmente educativas, destas aplicacións da web e as claves do seu manexo, para proveito de toda a comunidade escolar, tamén as familias.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por unha web social verdadeiramente multilingüe

Velaquí a animación de inicio dunha campaña que pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerábel abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen. Se producimos na nosa lingua milleiros de vídeos en Youtube, por exemplo, por que non dispormos tamén da posibilidade de manexar a aplicación en galego? Na actual rede, na que os usuarios son os protagonistas, a nosa comunidade internauta está e continuará a contribuír a esa necesaria adecuación e ampliación de usos. Impulsémola!

[kml_flashembed movie="http://atabarradixital.blogaliza.org/files/2009/03/proba.swf" width="500" height="145" wmode="transparent" /]

Se queres unirte á nosa campaña e poñer no teu sitio a animación, pega en HTML o seguinte código:

Fixéronse eco: Na lingua de tod@s, Chuza, CTNL, Lingua de amor, Nasas, Centro de Documentación Sociolingüística
Algúns sitios que xa se sumaron: A estrela solitaria

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp