Arquivos

Nube de etiquetas

Multimedia para poesía doutros séculos

O alumnado de 1º BAC mergullou na historia da literatura (nos Séculos Escuros e no Rexurdimento) para presentar enriquecidos aqueles textos que consideraron máis atraentes. Velaquí unha escolma das súas producións, dos cartaces dixitais, das presentacións de diapositivas con audio, dos vídeos e das liñas do tempo.


Chuzame! A Facebook A Twitter

Campaña colectiva contra a violencia de xénero

As primeiras producións dunha secuencia de actividades en 4º PDC sobre a violencia de xénero.
Artigos + vídeos: Loreto, Qingqing



Chuzame! A Facebook A Twitter

Na memoria dun ensino compartido

Arrancou hoxe a Semana Cultural do 25 aniversario do centro con diversas actividades e coa inauguración oficial. Neste acto proxectouse un adianto do vídeo elaborado polo alumnado do Ámbito Sociolingüístico de 4º, presentado por Qingqing, Patricia e Loreto con estas palabras:

Por iniciativa do Departamento de Lingua galega e desde o Ámbito sociolingüístico, quixemos ampliar as perspectivas sobre o centro e sobre o ensino, situarnos no futuro do pasado para entender mellor o presente deste instituto. Tratábase de aproveitar o noso vinte e cinco aniversario para abrir e conectar a aula co exterior, a historia recente colectiva coa individual, os afáns do alumnado cos do profesorado.

Entrevistamos, entón, aos dous profesores que levan no centro desde a súa apertura, María Xosé Fernández Cid e José Maneiro, e que, polo tanto, nos podían dar unha perspectiva máis ampla, á profesora deste claustro que tamén pasou polo instituto como alumna, Carmen Giménez, e a oito ex-alumnos de diferentes promocións que actualmente desempeñan profesións ben diversas. Entrevistámolos para coñecer puntos de vista variados sobre a evolución e o funcionamento do centro, sempre buscando extraer contrastes e olladas críticas. Aprendemos
a valorar o esforzo de todos na mellora do ensino que se imparte aquí, pero tamén atopamos moitas razóns que apoian o desexo compartido de termos, os alumnos, máis co-responsabilidade, máis medios, máis profesorado, menos atrancos na aprendizaxe.

A versión completa, no remate da semana.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Penso, ... logo actúo

Ese é o título da revista dixital dos alumn@s de xeografía de 3º de ESO que contén a exposición das claves para entender o cambio climático, así como presentacións e vídeos propios. É o resultado dun traballo de investigación e produción de longo alento.

Un exemplo:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Videopoemas

Producións de alumnado de 4º da ESO en Lingua e literatura castelá nas que adapta a poesía á linguaxe audiovisual. Novos parabéns para todos os grupos!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Canles no youtube

No espazo de aloxamento e partilla de vídeos na rede máis empregado (que non o único), podemos atopar verdadeiras canles culturais. Velaquí algunhas ben recomendábeis:

A da propia Consellaría de Educación:
A do xornal A Nosa Terra:
A da TVG:
A de BreoganTS (con todos os capítulos do programa Ben Falado):
A da Asociación de Escritores en Lingua Galega:
A da Asociación ecoloxista ADEGA:

Algúns deses vídeos nos nosos favoritos:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Remexemos con creatividade

Do francés ao galego. Da publicidade á propaganda. Das imaxes ao vídeo.

Recomendábel este editor na web. Compárese co orixinal:

Pode verse ampliado aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp