Benvid@ ao novo sitio da nosa revista A Tabarra Dixital en formato blogue. Temos previsto ir enchendo este espazo de contidos en relación coa lingua e, en xeral, a vida do I.E.S. da Pobra do Caramiñal. Algunhas seccións:
● vídeo-reportaxes, con atención preferente á creación musical e audiovisual do
contorno e galega en xeral.
● entrevistas a distintos membros da comunidade escolar, persoas de interese no ámbito
comarcal e invitados/as aos diferentes actos organizados no Centro.
● radiografía lingüística, con imaxes significativas ao respecto dos usos da lingua e
propostas de actuación.
● as nosas recomendacións na rede: espazos dinámicos e produtos creativos da internet
galega e dos países do noso ámbito lingüístico (Portugal, Brasil…), xunto con
recomendacións para navegar con actitude crítica e tirarlle máis partido á web.
● reseñas de distintas actividades complementarias e extraescolares.
● crónicas de nós: recuperación da memoria histórica local, fragmentos biográficos…
● publicación de banda deseñada e outras creacións realizadas polo alumnado.








Comentarios recentes