Arquivos

Nube de etiquetas

O noso IES participará na homenaxe de Barbantia a Rei Ballesteros

A Asociación cultural Barbantia organiza unhas xornadas en homenaxe a Anxo Rei Ballesteros que se desenvolverán durante todo este mes de novembro. Dentro do seu amplo programa, recollido en imaxe ampliábel abaixo, inclúese -o día 20- a proxección do vídeo Feramente literario, realizado por alumnado do noso centro, ademais dunha mesa-coloquio na que participará o profesor Andrés Esteban.

Unha iniciativa magnífica que nos permitirá tamén asistir á presentación dunha novela inédita do autor, A noite do moucho, ou á do libro artesán O resto é silencio, con textos de Rei Ballesteros e gravados de Manuel Teira. As xornadas rematarán coa entrega dos Premios Barbantia da Cultura, e entre os finalistas figura a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da comarca, da que formamos parte.

Máis información, no xornal Certo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Feramente literario

O noso vídeo sobre Anxo Rei Ballesteros na súa versión final (que non definitiva). Unha fascinante investigación-homenaxe do alumnado de Bacharelato.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mesa redonda sobre Anxo Rei Ballesteros

Chuzame! A Facebook A Twitter

A vida a arder

anxoactos

Amplíao

Chuzame! A Facebook A Twitter

Novas producións do Centro na rede

  1. Desde a materia de Informática, o alumnado está a confeccionar un wiki sobre A Pobra que xa contén interesantes achegas. Un traballo colaborativo de proveito.
  2. Como adianto dunha homenaxe do noso IES a Anxo Rei Ballesteros, que implica varios Departamentos e alumnado de Bacharelato, presentouse este vídeo na Semana Cultural:
  3. E desde a Biblioteca, dentro das actividades encetadas con motivo do Día do libro, chéganos esta escolma de obras de ciencia-ficción con versión cinematográfica:
Chuzame! A Facebook A Twitter