
As TIC están a ser integradas no traballo do noso centro educativo, tal como se mostra no lateral desta revista, non só por esixencia curricular, senón porque cremos que hai que dar resposta ás necesidades de formación, presentes e de futuro, que ten o alumnado. Porque é preciso ensinar a usar as tecnoloxías de xeito legal, crítico, creativo e para a contrución de coñecemento. Blogues e wikis nos que se fai fincapé na necesidade de respectar os dereitos de autor, citar as fontes ou reelaborar a información. Redes sociais propias nas que empregar a linguaxe verbal e as imaxes con fins educativos, con control e autocontrol do que se publica. Etcétera.
Mais, aínda estamos nos comezos dese labor, a formación dixital é escasa para todos e a epidemia do exhibicionismo é tal que irrompe sen reparar nas regras de xogo elementais. En forma de fotos tomadas nas aulas á marxe de calquera tarefa de ensino con TIC, con presenza de terceiros e publicadas en redes como Tuenti.
Ante esta realidade, e procurando difundir as normas e necesidades que cómpre ter en conta para mellorarmos as nosas prácticas educativas, desde Radio A Tabarra estamos a preparar unha reportaxe da que adiantamos aquí uns fragmentos das entrevistas que atentamente nos concederon o director do Centro e mais unha alumna sancionada. Escóitaos ou descarga:
adianto da reportaxe sobre redes sociais
Música de Ataque Escampe
Crédito da imaxe
Comentarios recentes