![]() |
![]() |
Do sempre recomendábel programa Ben Falado!, salientamos aquí o capítulo adicado ao mundo da xustiza, un dos sectores máis castelanizados polo poder durante os cinco séculos de imposición centralista. Antes diso, na Idade Media, a xustiza empregaba o galego de xeito pleno e normal; e na actualidade hai movementos importantes de impulso da lingua galega neste ámbito: o Consello da Avogacía galega, a Irmandade Xurídica Galega, etc. Aínda son pasos insuficientes para garantir os nosos dereitos, pero en todo caso constitúen a mostra dunha normalidade necesaria e perfectamente posíbel.
En Ben Falado! tamén podemos descubrir, por exemplo, como o inglés, a lingua franca máis importante hoxe en día, tivo que sobrevivir como lingua de campesiños e como os seus falantes non a empregaban nos ámbitos de prestixio. Se a sociedade ten vontade, a lingua recupera a súa normalidade!










Comentarios recentes