Arquivos

Nube de etiquetas

Multimedia para poesía doutros séculos

O alumnado de 1º BAC mergullou na historia da literatura (nos Séculos Escuros e no Rexurdimento) para presentar enriquecidos aqueles textos que consideraron máis atraentes. Velaquí unha escolma das súas producións, dos cartaces dixitais, das presentacións de diapositivas con audio, dos vídeos e das liñas do tempo.


Chuzame! A Facebook A Twitter

Penso, ... logo actúo

Ese é o título da revista dixital dos alumn@s de xeografía de 3º de ESO que contén a exposición das claves para entender o cambio climático, así como presentacións e vídeos propios. É o resultado dun traballo de investigación e produción de longo alento.

Un exemplo:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Para coñecer e visitar o país

O alumnado de 3º da ESO está a elaborar, en Ciencias Sociais, unha verdadeira guía de Galicia nun blogue específico no que se encarreira a procura de información sobre os concellos, pobos, vilas, aldeas, lugares, monumentos, arte, paisaxes… do noso país. Con presentacións e vídeos propios e ben útiles, coma estes:

Noia
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: de concello)




Desde PCPI tamén nos organizaron a viaxe desde A Pobra ata o lugar homónimo menos coñecido, ou sexa, ata a Pobra/Póboa máis pequena de Galicia. Se queres saber onde queda, como ir, onde quedar ou que visitar, consulta por exemplo o blogue de Mónica.

Chuzame! A Facebook A Twitter