Arquivos

Nube de etiquetas

Radio A Tabarra: recomendacións musicais

Sete grupos de todos os estilos recomendados por estes nosos locutores case profesionais. Coñécelos?
[kml_flashembed movie="http://dinamizacaramial.blogaliza.org/files/2008/11/dewplayer.swf?mp3=http://blip.tv/file/get/Dplingua-RecomendacinsMusicais431.mp3" width="210" height="20" wmode="transparent" /]
Descárgao


En podcast enriquecido:


.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Voces de noso

Outra recomendación de material elaborado por Equipos de Normalización e Dinamización dos centros de ensino, neste caso polo do CPI de Cuntis. Unha presentación de Lamatumbá, Machina, The Homens, Dios ke te Crew e mais Fanny & Alexander, con vídeos incrustados:

E vía Na lingua de tod@s, o blogue do ENDL do CPI de Cuntis, chéganos esta certeira e valente intervención de Belén Regueira ao recoller o premio Mestre Mateo.


Unha comunicadora con moitos fans en Facebook.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A nosa música na rede. Escolma de sitios

A Regueifa Plataforma é un espazo de publicación e distribución de músicas (e outras expresións creativas) libres baixo licenza copyleft, no que podemos escoitar e descargar cancións dun bo número de autores/as e grupos, como Fanny + Alexander.

Komunikando é unha rede musical, «un punto de encontro na música galega non subvencionada», cuns 60 grupos, entre eles os barbanceses A Compañía do ruído.

O panorama do folck, incluídas as figuras con proxección internacional, recóllese sobre todo en Ghastas pista?, desde onde podemos tamén baixar pezas en mp3.

Falcatruada, as múltiples páxinas en myspace (caso da de Toñito de Poi) ou as webs particulares (como a dos hiphopeiros Dios ke te krew) son outros sitios desde os que acceder ao estoupido da música do país.

Para estar ao tanto do que acontece no mundo musical galego, a revista na rede Sono-Tone.

Se nos interesa unha historia atractiva da música, en Galician Tunes, a plataforma institucional para a promoción da música galega no mundo, temos unha en flash que percorre os principais fitos.

Chuzame! A Facebook A Twitter