|
|
Na xuntanza que tivo lugar hoxe no IES da Pobra do Caramiñal, o xurado dos premios do Concurso de relatos A Caramiña decidiu outorgalos ás seguintes persoas:
Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso.
Nesta mesma categoría, o xurado acordou tamén facer unha Mención especial a Laura Pouso Garabato (IES da Pobra, 1º ESO A) polo texto As siluetas da carballeira.
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento.
Moitas grazas a todo o alumando da Barbanza pola súa participación e por transmitirnos o alento preciso no camiño da nosa lingua e da nosa literatura.
Imaxes dalgunhas das exposicións abertas nesta Semana Cultural:
- Primeiros pasos, de Amparo Fernández (Kaori), con obras desta ex-alumna, que está a rematar actualmente o bacharelato de artes en Compostela
- Sentindo o mar (Unha historia de cronopios), unha aproximación ás vangardas e a Cortázar, que inclúe creacións do alumnado da Escola Infantil de Vilariño e mais do colexio Fernández Varela, ambos d’A Pobra
- Especies ameazadas e Áreas mariñas protexidas, organizadas polo Departamento de Bioloxía con material do CEIDA
- Expotabarra (a revista do IES ao longo do tempo), un percorrido pola memoria do centro desde os primeiros números, a multicopia, d’A Tabarra, ata as actuais edicións dixitais.
Abre os álbums. As súas imaxes pódense ampliar con dobre clic.
 

No inicio da Semana Cultural, contamos cos presenza de María Lado e Lucía Aldao, que nos ofreceron o espectáculo poético-musical Moita poesía, pouca diversión. Cheo de fresca poesía do cotiá combinando os diferentes rexistros das dúas poetas, de historias persoais, de música de guitarra e a fantástica voz de Lucía fusionadas cos versos suxestivos de María, de parodia (antolóxico o recitado de Deitado frente ao mar), de xogos poéticos.
E o martes máis palabra creativa, da man de Quico Cadaval (co espectáculo Pantasmas familiares) e Suso de Toro, que disertou sobre A literatura nas nosas vidas. Así recolleu a prensa estas e outras actividades dos primeiros días da semana.
Olark Livehelp
|
|
Comentarios recentes