Radio A Tabarra acaba de publicar un novo episodio que recolle tres novas de interese xeral:
- A situación dos visitantes islandeses no noso IES durante o peche do espazo aéreo europeo por causa da nube de po creada polo volcán Eyjafjallajökull, así como a realidade do seu idioma, ben distinta da do galego
- A apertura da opción en galego nunha nova plataforma gratuíta para a creación de redes sociais propias, grazas ao labor do Equipo de Normalización
- O desenvolvemento do rallye de Noia
A realización correu a cargo do ENDL e mais do alumnado todo de 3º de PDC.
Velaquí a versión en vídeo, con imaxes exclusivas:








Comentarios recentes