Arquivos

Nube de etiquetas

Exposicións

Imaxes dalgunhas das exposicións abertas nesta Semana Cultural:

  • Primeiros pasos, de Amparo Fernández (Kaori), con obras desta ex-alumna, que está a rematar actualmente o bacharelato de artes en Compostela
  • Sentindo o mar (Unha historia de cronopios), unha aproximación ás vangardas e a Cortázar, que inclúe creacións do alumnado da Escola Infantil de Vilariño e mais do colexio Fernández Varela, ambos d’A Pobra
  • Especies ameazadas e Áreas mariñas protexidas, organizadas polo Departamento de Bioloxía con material do CEIDA
  • Expotabarra (a revista do IES ao longo do tempo), un percorrido pola memoria do centro desde os primeiros números, a multicopia, d’A Tabarra, ata as actuais edicións dixitais.

Abre os álbums. As súas imaxes pódense ampliar con dobre clic.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pola paz

Chuzame! A Facebook A Twitter

Historia do cálculo

Fragmentos das proxeccións e exposicións didácticas sobre o tema realizadas no noso IES.





Máis capítulos da Historia do Cálculo, nesta canle de divulgación.

O vídeo sobre a historia do cálculo paréceme moi interesante; por exemplo, saber que na Prehistoria usaban croios para realizar as súas contas. Os romanos tiñan os seus números representados por letras (I, C, M, L, D, X) e tamén contaban coas falanxes das mans (de 3 en 3).
O que me resulta máis atraente son os ábacos (chinés, xaponés, ruso). Nas escolas, para a aprendizaxe dos nenos e nenas, empregaban ábacos para cálculos sinxelos (sumas, restas…). Tamén é moi curioso o uso das cordas anoadas (quipus), con moitos nós e distintas cores segundo o número que se quixera representar.

MARÍA VILLOCH (3ºB)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp