|
||||||
|
O Correlingua deste ano no Barbanza, ao que asistirán 2.500 alumnos e alumnas de todos os seus concellos, celebrarase o 10 de maio en Rianxo. Alumnado e profesorado farán un percorrido, con saída na Praza de Castelao, duns dous quilómetros e lerán un manifesto, xa na praza Rafael Dieste, en defensa da lingua galega.
O Correlingua, un programa participativo para o fomento do uso da nosa lingua impulsado por diferentes entidades, culmina na celebración de catorce marchas que percorren o país durante o mes de maio. A edición comarcal deste ano, organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza, vaise celebrar no noso concello. Será o día 12 e asistirá alumnado de máis de vinte centros de ensino de todos os niveis unidos polo lema En galego. Pásao. A ruta a seguir concrétase para secundaria tal como se recolle na imaxe: Tras a marcha lúdico-reivindicativa, actuarán Fantoches Baj e mais O capitán Benito e a grumeta Quilla, para os máis cativos, así como unha representación do A polo ghit do Correlingua (recollido no noso audioblogue). Ao final, tamén se lerá o manifesto común do Correlingua 2009, elaborado polo alumnado de 4º da ESO do CPI de Panxón (Nigrán). Outro ano máis, o alumnado volverá ser protagonista deste festival de apoio á lingua. Pásao!
|
||||||
|
CC © 2012 A Tabarra Dixital - Algúns dereitos reservados |
||||||
Comentarios recentes