Arquivos

Nube de etiquetas

Alumnado gañador do Concurso de relatos A Caramiña

Na xuntanza que tivo lugar hoxe no IES da Pobra do Caramiñal, o xurado dos premios do Concurso de relatos A Caramiña decidiu outorgalos ás seguintes persoas:

Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso.
Nesta mesma categoría, o xurado acordou tamén facer unha Mención especial a Laura Pouso Garabato (IES da Pobra, 1º ESO A) polo texto As siluetas da carballeira.
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento.

Moitas grazas a todo o alumando da Barbanza pola súa participación e por transmitirnos o alento preciso no camiño da nosa lingua e da nosa literatura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Concurso Letras Galegas 2010

Concurso Letras galegas 2010

Chuzame! A Facebook A Twitter

Concurso literario Carlos Casares

A Agrupación Cultural O Facho, convoca este concurso literario de relatos un ano máis dirixido á xente nova. Entre as súas bases, están as seguintes condicións:

  • Poderán participar rapaces e rapazas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos deben ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
  • Establécense dúas categorías: A (de 6 a 12 anos) e B (de 13 a 16)
  • Cada autor/a pode presentar unha obra que non sobrepase os cinco folios para a categoría A e dez folios para a B
  • Haberá dous premios por categoría, coa contía: 400€ – 400€ / 500€ – 400€
  • O prazo de admisión remata o 31 de marzo de 2010
  • As obras, encadernadas ou grampadas, levarán por detrás do último folio os datos do autor ou autora: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico (se o ten), centro de estudos e categoría na que participa.
  • A presentación de orixinais farase por correo postal dirixido á súa sede:

Asociación Cultural O Facho

r/ Federico Tapia, 12, 1º

15005, A Coruña

Podes coñecer outras convocatorias no blogue Revolta da freixa.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp