
Bases:
- Poderá participar todo o alumnado matriculado no Centro, de maneira individual ou en grupo.
- A creación consistirá nun marco para bordear o conxunto dos meses dun calendario da aula e mais nun lema que o acompañe.O marco, de temática e forma libres, pode ser un debuxo inédito, unha imaxe propia ou calquera composición orixinal. Poderá ocupar a totalidade ou parte da folla do calendario, mais sempre deixando un amplo espazo baleiro no que se incrustarán, en caso de obter o premio, os meses.O lema, que se situará de maneira ben visíbel sobre o marco, terá como finalidade o fomento do uso do galego e basearase nos beneficios do seu coñecemento e práctica desde o ensino, na oportunidade de desenvolver competencias e o multilingüismo desde o galego. Un exemplo: Desde o nós a máis linguas
- Realizarase, a man ou con impresión e sen asinar, nunha cartolina de tamaño DIN A-3
- Entregarase na Aula de Informática do Aulario II no segundo recreo de calquera luns ou xoves ata o remate do prazo, que será o 4 de novembro. A cartolina irá acompañada dun sobre pechado no que se recollan os datos do(s) autor(es), cando menos nome e curso.
- Establécese un único premio, dotado con 30 €, aínda que o xurado pode estimar conveniente que sexa compartido. A composición gañadora poderá ser posteriormente asinada e será publicada e distribuída polas dependencias do Centro.
- O xurado estará constituído por diferentes membros do Equipo de Dinamización, profesorado, alumnado e persoal non docente. Non formará parte del a persoa encargada de recoller as creacións.
Convoca
EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega)












Comentarios recentes