1. ALGO FALLA

O instituto é un centro de aprendizaxe de secundaria e bacharelato, os mestres no I.E.S. da Pobra son respectuosos e ensinan correctamente e a gran maioría dos alumnos son civilizados e correctos; pero, algo falla; fallan as instalacións: a pintura nas paredes, a limpeza na charca e, por suposto, os baños. Así que eu vou enumerar as distintas accións que axudarían ao centro a estar perfectamente adecuado á hixiene e a comodidade.
1. Na miña clase non hai percheiro, temos unha barra con perchas que normalmente están ocupadas. Solución: hai que poñer un percheiro fixo á parede.
2. En moitos baños faltan os pomos das portas. Hai que poñérllelos, é imprescindible.
Creo que eu xa non teño máis que dicir, pero se alguén o ten, que o diga.
Sara García Varela








Comentarios recentes