A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

libros

No seguinte documento achégase toda a información sobre os libros de texto para o vindeiro curso 15-16.

LIBROS DE TEXTO 2015_16

Proxecto do currículo da ESO e do Bacharelato LOMCE en Galicia

4910366215_1cb2f9f3ae

Fotografía de EdTech Stanford.

 

Para facilitar a información do alumnado e das súas familias no momento da matrícula e da elección de materias achegamos o que se coñece como borrador do Currículo da ESO e do Bacharelato publicado na páxina da Consellería.

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia: proxecto_de_decreto_eso_bach_v1_25-03-15

*Este é un documento en trámite e, polo tanto, non definitivo, que pode ser modificado pola Consellería.

**Neste documento non aparece incluído o currículo das materias de libre configuración por parte do centro, aspecto do que xa foi informado o alumnado de 4 da ESO.

Axudas para a adquisición dos libros de texto

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

(Clica nos enlaces para acceder aos documentos.)

 

 

 

 

Día Internacional do Libro Infantil 2015

Talvez HOXE poderías recomendarlle un LIBRO,
e/ou agasallar cun libro,
e/ou lerlle un libro
e que a túa voz
faga MAXIA.

 

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día
Internacional do Libro Infantil
co fin de promocionar os bos libros
infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha
mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. En 2015 esta mensaxe chéganos dos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora
emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.


“Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias”

Historias internacionais… historias tradicionais

É a mesma historia que se nos conta a todos

En diferentes voces

En diferentes cores

Pero permanece inmutábel…

Comezo…

Argumento…

E fin…

É a mesma historia que todos sabemos e amamos

Todos a escoitamos

En diferentes versións de diferentes voces

Mais sempre é a mesma

Hai un heroe… unha princesa… e un vilán

Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,

Nin as súas caras

É sempre o mesmo comezo,

Argumento

E fin

Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán

Inmutábeis durante séculos

Acompáñannos

Murmúrannos nos nosos soños

Arrólannos para durmir

As súas voces marcharon hai tempo

Pero viven nos nosos corazóns para sempre

Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación

Para que todas as culturas se fundan nunha única historia.”


Marwa Al Aqroubi

Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González. 

I Concurso de fotografía: A Pobra

cartaz concurso fotograf

Aquí as bases do concurso – I CONCURSO DE FOTOGRAFIA A POBRA