Recollemos aquí poemas de Novoneyra con anotacións léxicas visuais elaborados en cartolinas por alumnado do primeiro ciclo da ESO do noso IES. Máis abaixo achéganse textos en formato electrónico con ilustración visual e auditiva. Preme nas imaxes (pecha clicando de novo).
Traballos de ilustración de textos en formato electrónico. Preme nas ligazóns (para pechar as imaxes, clica en calquera punto).
Chove maina e calada.
Veinse os fius da auga
contra as bandas das penas…
En soutos e devesas
as pingoadas esbaran e baixan
petando de folla en folla.
Por veces
co vento a ruxidoira
medra i esvece
en ondas que un alonga…
Agora
eu son sólo pra choiva.
……………
ÚA o pombo
pro sol longo…
Arrola a rola.
Conta o paspallá.
Mapoulas roxas
no ouro do pan!
/
NADA está lonxe.
Os campaíños das uces
cobren os montes
de furruxe.
……………
VENDO i ouvindo o río
Vaise o tempo sin sentilo.
Naz´a auga su as abrairas
Entr´as penas sombrizas
roxe e baixa
de pincheira en pincheira
e corre entretecida …
/
ESTA auga da presa
……………
COUSOS do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d´ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…
Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.
……………….
PANOS brancos
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
| As imaxes e sons empregados nestes traballos educativos están tomados da rede. Non citamos aquí as fontes debido ao seu elevado número. Se se nos avisa de que algún dese material está suxeito a dereitos de autor que impiden tal emprego, retirarémolo de inmediato. Obrigados. |




















Comentarios recentes