Arquivos

Nube de etiquetas

Coñecer, apreciar e ver criticamente a nosa vila

Desde a revista dixital do alumnado de xeografía de 3º de ESO, Penso,….logo actúo, podemos ver as creacións produto dun traballo sobre a nosa vila, con presentacións e vídeos que recollen a visión positiva e mais a crítica sobre o espazo urbano, así como unha moi aproveitábel exposición colectiva.

Un dos vídeos:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mini-informativo Da Barbanza ao mundo

Radio A Tabarra acaba de publicar un novo episodio que recolle tres novas de interese xeral:

  • A situación dos visitantes islandeses no noso IES durante o peche do espazo aéreo europeo por causa da nube de po creada polo volcán Eyjafjallajökull, así como a realidade do seu idioma, ben distinta da do galego
  • A apertura da opción en galego nunha nova plataforma gratuíta para a creación de redes sociais propias, grazas ao labor do Equipo de Normalización
  • O desenvolvemento do rallye de Noia

A realización correu a cargo do ENDL e mais do alumnado todo de 3º de PDC.

Velaquí a versión en vídeo, con imaxes exclusivas:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Reportaxe sobre as redes sociais

Temos por fin rematada a reportaxe que aborda o conflito derivado da publicación en Tuenti de imaxes tomadas no noso centro e na que se reflexiona sobre os usos que lles damos e poderiamos dar ás redes sociais no ensino. Foi realizada por alumnas de 1º de Bacharelato e por alumnado de 3º ESO (PDC), que conversaron con implicadas, co director e mais co profesor Xosé Maneiro, con experiencia no emprego das TIC en proxectos educativos. Parabéns a todos.
Recollemos aquí o audio de Radio A Tabarra e achegamos tamén unha versión en vídeo que podes levar en 3gp para o móbil (directamente aquí).
Audio:

Vídeo:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Música con voz propia

Velaquí o resultado do grupo de intercambio homónimo en Enredeiras.
Agradecemos a A Nosa Terra TV que puxese a disposición de tod@s nós os vídeos que serviron de base para esta mestura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Instalad@s no galego

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG






Escoita tamén estas voces de Burela:
[kml_flashembed movie="http://dinamizacaramial.blogaliza.org/files/2008/11/dewplayer.swf?mp3=http://dinamizacaramial.blogaliza.org/files/2009/02/mb.mp3" width="200" height="20" wmode="transparent" /]
Máis falantes foráneos, no blogue As gabarras.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Blogosfera galega


Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp