Arquivos

Nube de etiquetas

A prol do plurilingüismo

Os Consellos da Xuventude de Galiza, Asturias, Euskadi, Cataluña, Baleares, Valencia, Aragón e Navarra acaban de asinar un manifesto conxunto en apoio dun verdadeiro plurilingüismo e do recoñecemento da realidade das linguas minorizadas no Estado español. Máis información en Vieiros.

Alén do necesario mantemento da diversidade, non é difícil ver que, como se di na campaña da Universidade de Vigo, é unha vantaxe para todos e todas avanzar no proceso de normalización das linguas minorizadas e, dese xeito, potenciar o plurilingüismo: quen é competente en galego e castelán, á parte de posuír maiores destrezas cognitivas e neuro-lingüísticas, ten a porta aberta a unha máis doada competencia nas linguas e coñecementos que se propoña aprender.

Para entender mellor esa realidade, podemos acceder a esta presentación elaborada polo ENDL do IES de Elviña.

[kml_flashembed movie="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=presentacin-impress-ano-linguas-2008-1217096683371887-9&stripped_title=ano-linguas-2008" width="425" height="355" wmode="transparent" /]

Ou apreciar este vídeo da Casa das linguas:

[kml_flashembed movie="http://www.gencat.cat/big/big_player.swf?file=rtmp://multimedia.gencat.cat/vod/vicepresidencia/linguamon/webmultilinguisme/gallec.wmv.flv" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Voces de noso

Outra recomendación de material elaborado por Equipos de Normalización e Dinamización dos centros de ensino, neste caso polo do CPI de Cuntis. Unha presentación de Lamatumbá, Machina, The Homens, Dios ke te Crew e mais Fanny & Alexander, con vídeos incrustados:

E vía Na lingua de tod@s, o blogue do ENDL do CPI de Cuntis, chéganos esta certeira e valente intervención de Belén Regueira ao recoller o premio Mestre Mateo.


Unha comunicadora con moitos fans en Facebook.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na punta da lingua

Comezamos hoxe unha subsección dentro da categoría de recomendacións, a das publicacións de diferentes Equipos de Normalización e Dinamización. E comezamos polo boletín do ENDL do IES do Castro de Vigo: Na punta da lingua. Recompilación en pdf e en flash.

[kml_flashembed movie="http://static.issuu.com/webembed/viewers/style1/v1/IssuuViewer.swf?documentId=081004001055-e2ff8be6bcca42f18cc94c56355732fa&width=425&height=301" width="425" height="301" wmode="transparent" /]
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp