Un traballo de Alba Fernández Souto a partir dunha proposta de Uxía
|
||||||
|
Por primeira vez na nosa historia democrática, un decreto sobre as linguas no ensino:
Neste contexto, que será agravado agora coa aprobación dun decreto de centros plurilingües demagóxico (véxase o borrador), enviamos ás familias esta presentación elaborada pola Coordinadora de Equipos, acompañada dunhas notas:
E como está en cuestión a legalidade desta norma, e como queremos atender primeiro as necesidades do alumnado e das familias, e como en galego tamén se fai ciencia, e con ciencia, transferencia e docencia, co galego valemos máis, que dixo o reitor da Universidade de Vigo, o profesorado obrigado a empregar o castelán comprométese por milleiros a seguir educando en galego e está unido para non facer mercar libros de texto en van ás familias e trasladarlle ao alumnado material do centro, para compartir máis na rede as propostas e producións didácticas feitas con tanto esforzo e amor ao país, para chegar á sociedade con toda a forza da razón. Máis:
Manifesto de APETEGA (Profesorado de Tecnoloxía)
Manifesto de ENCIGA (Ensinantes de Ciencia)
Declaración de AGAPEMA (Profesorado de Matemáticas)
Galicia Hoxe: O equilibrio non existe
A lingoaxe i as lingoas, o discurso de ingreso de Ramón Piñeiro na Real Academia Galega (1967), pode considerarse o texto co que se inicia a formación da sociolingüística galega. Nel introduce nocións fundamentais, entre elas a de prexuízo. Este controvertido intelectual, ao que se homenaxea este ano nas Letras Galegas, analiza aí por exemplo a asociación do galego cos grupos desfavorecidos e do castelán cos dominantes, así como os efectos psicolóxicos que provoca esta situación.
|
||||||
|
CC © 2013 A Tabarra Dixital - Algúns dereitos reservados |
||||||
Comentarios recentes