Unha presentación das principais correntes artísticas do século XIX e comezos do XX, acompañada dunha pequena escolma de obras, realizada polo alumnado de 4º PDC.

|
||||||
|
Unha presentación das principais correntes artísticas do século XIX e comezos do XX, acompañada dunha pequena escolma de obras, realizada polo alumnado de 4º PDC.
Ao noso wiki-recompilación, aberto a todo o mundo, que conta nesta altura con máis de 260 ligazóns útiles no labor diario na aula, vén de sumarse un espazo web creado pola CIG-Ensino con xa un bo feixe de propostas didácticas na súa estrea. Partillar, colaborar, organizar, abrir canles de intercambio, eis algunhas palabras clave na mellora do ensino, que ambas iniciativas comparten.
Pois nun só día suma mil e moitos orgullos no facebook e é a primeira campaña social, da xente: desde a súa páxina podemos descargar os seus materiais e achegar os nosos propios:
Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo. En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.
O Equipo de Normalización e Dinamización e mais o Equipo TIC son os responsábeis desta exposición situada na Sala de usos múltiples e realizada como complemento á presentación publicada na rede. Unha escolma dalgunhas das mellores ferramentas para a creación e xestión de blogues, redes sociais, escritorios virtuais, fotologs, planetas de sitios… en galego. Agora comeza a elaboración de guías áxiles que mostren as posibilidades, fundamentalmente educativas, destas aplicacións da web e as claves do seu manexo, para proveito de toda a comunidade escolar, tamén as familias.
A Asociación cultural Barbantia organiza unhas xornadas en homenaxe a Anxo Rei Ballesteros que se desenvolverán durante todo este mes de novembro. Dentro do seu amplo programa, recollido en imaxe ampliábel abaixo, inclúese -o día 20- a proxección do vídeo Feramente literario, realizado por alumnado do noso centro, ademais dunha mesa-coloquio na que participará o profesor Andrés Esteban. Unha iniciativa magnífica que nos permitirá tamén asistir á presentación dunha novela inédita do autor, A noite do moucho, ou á do libro artesán O resto é silencio, con textos de Rei Ballesteros e gravados de Manuel Teira. As xornadas rematarán coa entrega dos Premios Barbantia da Cultura, e entre os finalistas figura a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da comarca, da que formamos parte. Máis información, no xornal Certo.
[Preme nas frechas do fondo] Podes consultar o tríptico tamén abrindo estas imaxes: linguassuman1 e MÁIS UNHA DUCIA DE COLECTIVOS, AMPLAMENTE MAIORITARIOS NO ENSINO, ÚNENSE PARA RECLAMAR QUE NON SE DEAN PASOS ATRÁS As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións: 1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal. 2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán. 3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego». Asinan: CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística .
Unha iniciativa que rompe tópicos e prexuízos. Galegos e galegas de todas as partes do mundo veñen de lanzar un manifesto vivencial: o galego é útil.
Máis experiencias valiosas, no blogue Peneiras.
Velaquí a animación de inicio dunha campaña que pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerábel abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen. Se producimos na nosa lingua milleiros de vídeos en Youtube, por exemplo, por que non dispormos tamén da posibilidade de manexar a aplicación en galego? Na actual rede, na que os usuarios son os protagonistas, a nosa comunidade internauta está e continuará a contribuír a esa necesaria adecuación e ampliación de usos. Impulsémola!
Se queres unirte á nosa campaña e poñer no teu sitio a animación, pega en HTML o seguinte código: Fixéronse eco: Na lingua de tod@s, Chuza, CTNL, Lingua de amor, Nasas, Centro de Documentación Sociolingüística
|
||||||
|
CC © 2012 A Tabarra Dixital - Algúns dereitos reservados |
||||||
Comentarios recentes