Arquivos

Nube de etiquetas

Na memoria dun ensino compartido

Arrancou hoxe a Semana Cultural do 25 aniversario do centro con diversas actividades e coa inauguración oficial. Neste acto proxectouse un adianto do vídeo elaborado polo alumnado do Ámbito Sociolingüístico de 4º, presentado por Qingqing, Patricia e Loreto con estas palabras:

Por iniciativa do Departamento de Lingua galega e desde o Ámbito sociolingüístico, quixemos ampliar as perspectivas sobre o centro e sobre o ensino, situarnos no futuro do pasado para entender mellor o presente deste instituto. Tratábase de aproveitar o noso vinte e cinco aniversario para abrir e conectar a aula co exterior, a historia recente colectiva coa individual, os afáns do alumnado cos do profesorado.

Entrevistamos, entón, aos dous profesores que levan no centro desde a súa apertura, María Xosé Fernández Cid e José Maneiro, e que, polo tanto, nos podían dar unha perspectiva máis ampla, á profesora deste claustro que tamén pasou polo instituto como alumna, Carmen Giménez, e a oito ex-alumnos de diferentes promocións que actualmente desempeñan profesións ben diversas. Entrevistámolos para coñecer puntos de vista variados sobre a evolución e o funcionamento do centro, sempre buscando extraer contrastes e olladas críticas. Aprendemos
a valorar o esforzo de todos na mellora do ensino que se imparte aquí, pero tamén atopamos moitas razóns que apoian o desexo compartido de termos, os alumnos, máis co-responsabilidade, máis medios, máis profesorado, menos atrancos na aprendizaxe.

A versión completa, no remate da semana.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O segundo trimestre visto polo alumnado

O novo programa de Radio A Tabarra, realizado por Araceli, Loreto, Patricia, Qing Qing, Juan e Jose, de 3º de PDC, dá voz ao alumnado que participou nas actividades complementarias e extraescolares deste trimestre, recollidas aí de maneira áxil.
A música corre a cargo de Aid e Emilio Jose.

Escóitao ou descarga

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Pobra – Islandia

Alumnado que participa no Proxecto Comenius, entrevistado pola televisión islandesa

E xa temos na galería as primeiras fotos desta preciosa viaxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ensino e redes sociais


As TIC están a ser integradas no traballo do noso centro educativo, tal como se mostra no lateral desta revista, non só por esixencia curricular, senón porque cremos que hai que dar resposta ás necesidades de formación, presentes e de futuro, que ten o alumnado. Porque é preciso ensinar a usar as tecnoloxías de xeito legal, crítico, creativo e para a contrución de coñecemento. Blogues e wikis nos que se fai fincapé na necesidade de respectar os dereitos de autor, citar as fontes ou reelaborar a información. Redes sociais propias nas que empregar a linguaxe verbal e as imaxes con fins educativos, con control e autocontrol do que se publica. Etcétera.

Mais, aínda estamos nos comezos dese labor, a formación dixital é escasa para todos e a epidemia do exhibicionismo é tal que irrompe sen reparar nas regras de xogo elementais. En forma de fotos tomadas nas aulas á marxe de calquera tarefa de ensino con TIC, con presenza de terceiros e publicadas en redes como Tuenti.

Ante esta realidade, e procurando difundir as normas e necesidades que cómpre ter en conta para mellorarmos as nosas prácticas educativas, desde Radio A Tabarra estamos a preparar unha reportaxe da que adiantamos aquí uns fragmentos das entrevistas que atentamente nos concederon o director do Centro e mais unha alumna sancionada. Escóitaos ou descarga:

adianto da reportaxe sobre redes sociais

Música de Ataque Escampe

Crédito da imaxe

Chuzame! A Facebook A Twitter

Novos representantes do alumnado no Consello Escolar

Jéssica, María e Naira, unha parte do noso Consello de redacción, entrevistan ao compañeiro e á compañeira que levarán a voz do alumnado ao máximo órgano do Centro.

Que ideas e intencións teñen? No noso primeiro podcast:

[kml_flashembed movie="http://aula.cesga.es/courses/BOTELLA/document/mp3/dewplayer-vol.swf?mp3=http://atabarradixital.blogaliza.org/files/2008/12/entrevistasconsello.mp3" width="240" height="20" wmode="transparent" /]

Descarga a entrevista

A música, de Ataque Escampe.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp