Assane Ngom achegounos a súa viaxe do Senegal ao noso país e con ela a realidade do sur e da migración, que recollemos aquí grazas ao profesor Xosé Maneiro.
![]() |
[kml_flashembed movie="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=aviaxedeassane-090509073022-phpapp01&stripped_title=a-viaxe-de-assane" width="425" height="355" wmode="transparent" /] |
![]() |
O monzón molla as rúas do que os wolof chaman Ndar e os franceses bautizaron coma Saint-Louis. Estamos no Norte do Senegal e anoitece no primeiro día de setembro do 2006 . A fin da viaxe está no seu comezo. Meses atrás, os ventos do Sahara envolven na súa sequidade Ndar. Alí onde naceu o protagonista dunha viaxe que ben poderiamos comparar coa Odisea de Ulises. A falta de traballo fai que Assane Ngom teña que emigrar por primeira vez ata Nouadhibu, no norte de Mauritania. Alí, aprende a base de longos días de traballo baixo o sol no caiuco. Na televisión están a xogar un partido de fútbol, a Champions Ligue. No descanso botan anuncios onde aparecen potentes coches, cidades marabillosas, xentes elegantes… “ Na tele viamos todo moi bonito”, conta Assane. O cebo está botado: “ Eu quero ir aí.” |
“Hai algúns que van a un bruxo para que os faga invisibles… e consígueno”, conta ante a sorpresa e incredulidade do que llo escoita. Dous días de travesía e xa están á altura das costas do Sahara Occidental.
![]() |
Pero, de súpeto, avaría no motor. Teñen que arribar a Dakhla. Policías. Noite no calabozo. Ó amencer, 30 soños dun futuro mellor deportados de novo á casa. Fin da primeira etapa. 1.800 quilómetros, metro arriba, centímetro abaixo.
Xaneiro do 2006. Segue sen chover. Aquel “amigo” que tiña na mafia, volve a convencer a Assane. “Vén bo tempo. Temos 4 días, de sobra para chegar a Canarias. Este xoves saídes. Xa sabes: ti non pagas”, dille. |
“ Non volvas, meu fillo. Non arrisques. Queda aquí”, prégalle a nai, …
| A vixilancia policial é intensa neses días; o parte meteorolóxico predice tempo calmo e caiucos cheos de aventureiros listos para zarpar. Isto fai que a singradura se retrase unhas cantas horas. Ó terceiro día vén un forte temporal. Uns pasan a noite a rezar, outros tolean de medo. Assane intenta manter a calma. O vento levanta ondas que fan aínda máis pequeno o caiuco, a auga entra sen parar na embarcación.
A vida de 50 seres humanos pende dun fío. |
![]() |
“Fóra todos”, gritan desde a porta da cela de xeito inesperado. Un autobús lévaos durante tres días, non saben a onde nin por que. Unha noite, a policía marroquí bótaos fóra e alí os abandonan. É a fronteira de Marrocos con Alxeria, entre Oujda e Maghnia, nas montañas. Non teñen nada, cartos, comida, onde durmir. Non saben que facer nin a onde ir. “Se voltamos a Marrocos, espéranos a policía, se entramos en Alxeria deteranos o exército. Alá proverá. Só espero que non chegara nin a hora nin o lugar coa miña cita. Todos temos unha, unha só”, pensa Assane.
Unha semana polas montañas cun grupo de cinco compañeiros, durmindo ó pairo, amencendo con xeo nas poucas roupas que tiñan, comendo o pouco pan que aquela vella lles deu…
En Saint-Louis, preocupación. Nas noticias da TV falan de 4 mortos, de que a policía marroquí abandonou a 50 inmigrantes na fronteira de Alxeria… E máis dun mes sen noticias de Assane.
Un teléfono. Un fío de unión. Un amigo envíalle cartos. Assane emprende a volta, cruza Alxeria, Mali, o Sahara, o propio Senegal, ata chegar ó punto de partida. De volta na casa. Atrás quedan 2 meses, uns 4.500 km, e mil e unha penurias.
| “Ti quixeches ser dono do teu propio destino cando eras novo. Déixame a min ser libre de buscar o meu tamén, pai.” Os monzóns mollan o que os wolof chaman Ndar e os franceses bautizaron coma Saint-Louis. Estamos no Norte do Senegal e anoitece no primeiro día de setembro do 2006. A fin da viaxe está no seu comezo. Un caiuco, 40 negros, subsaharianos, inmigrantes, buscan un futuro mellor. Bo tempo. Tres días e as costas de Tenerife están á vista. Case tres anos despois, Assane Ngom di ter sorte e ser feliz, a pesar de sentirse só. “ Gústame o meu país e quero volver. Aprendín… aprendín moito.“ |
![]() |
Xosé Maneiro













Comentarios recentes