Arquivos

Nube de etiquetas

Goza cos relatos gañadores d'A Caramiña

Aquí vos presentamos os relatos gañadores do certame d’A Caramiña, para que poidades gozar deles neste tempo de lecer ou cando vos apeteza.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta
Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso

Chuzame! A Facebook A Twitter

Campaña colectiva contra a violencia de xénero

As primeiras producións dunha secuencia de actividades en 4º PDC sobre a violencia de xénero.
Artigos + vídeos: Loreto, Qingqing



Chuzame! A Facebook A Twitter

Alumnado gañador do Concurso de relatos A Caramiña

Na xuntanza que tivo lugar hoxe no IES da Pobra do Caramiñal, o xurado dos premios do Concurso de relatos A Caramiña decidiu outorgalos ás seguintes persoas:

Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso.
Nesta mesma categoría, o xurado acordou tamén facer unha Mención especial a Laura Pouso Garabato (IES da Pobra, 1º ESO A) polo texto As siluetas da carballeira.
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento.

Moitas grazas a todo o alumando da Barbanza pola súa participación e por transmitirnos o alento preciso no camiño da nosa lingua e da nosa literatura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Exposicións

Imaxes dalgunhas das exposicións abertas nesta Semana Cultural:

  • Primeiros pasos, de Amparo Fernández (Kaori), con obras desta ex-alumna, que está a rematar actualmente o bacharelato de artes en Compostela
  • Sentindo o mar (Unha historia de cronopios), unha aproximación ás vangardas e a Cortázar, que inclúe creacións do alumnado da Escola Infantil de Vilariño e mais do colexio Fernández Varela, ambos d’A Pobra
  • Especies ameazadas e Áreas mariñas protexidas, organizadas polo Departamento de Bioloxía con material do CEIDA
  • Expotabarra (a revista do IES ao longo do tempo), un percorrido pola memoria do centro desde os primeiros números, a multicopia, d’A Tabarra, ata as actuais edicións dixitais.

Abre os álbums. As súas imaxes pódense ampliar con dobre clic.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Semana de flocos e curtas

Desenvolveuse no noso IES, ao igual que noutros 80 centros galegos, a Semana das Curtas, un ciclo de curtametraxes e videoclips que son unha boa mostra da creación audiovisual galega de hoxe en día. A iniciativa partiu do IES do Audiovisual de Vigo, así como a acertada selección do material, que incluíu diferentes temáticas e xéneros, con moito proveito educativo.
A difusión do noso cinema, de por parte, é aínda máis importante nestes días nos que as autoridades, empeñadas nunha política cultural destrutiva, veñen de pechar o espazo web social Flocos.tv, premio Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, que contaba con preto de 400 filmes e máis de 1800 membros rexistrados. Recomendamos ler ao respecto o artigo Abalar e Flocos.tv, do presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Xoán Costa.
Deixamos aquí unha escolma das curtas da Semana que se poden atopar na rede. Seguro que presta velas de novo, ao tempo que comentamos e votamos no blogue da actividade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Penso, ... logo actúo

Ese é o título da revista dixital dos alumn@s de xeografía de 3º de ESO que contén a exposición das claves para entender o cambio climático, así como presentacións e vídeos propios. É o resultado dun traballo de investigación e produción de longo alento.

Un exemplo:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Producións do proxecto Unha imaxe, unha historia


..

(preme para ampliar)

As mellores creacións deste proxecto interdepartamental, froito dun longo traballo previo por parte do alumnado de pescuda, lectura de imaxes, construción textual, etc., poden verse xa na exposición que ofrecemos a toda a comunidade, situada no patio cuberto do aulario I.

Cada imaxe ten aquí a súa propia historia, real ou imaxinaria, que se irían co vendaval do tempo se non as atraparamos cos nosos  aparellos: a lingua de noso, as memorias compartidas, a nosa creatividade, as ganas de contar e dicir… e as novas tecnoloxías.

Para ler as historias na rede (e comentalas), abonda con acceder ao noso blogue. Na nosa conta de Flickr temos o conxunto das imaxes, algunhas xeolocalizadas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ilustrando a natureza de Novoneyra

Recollemos nunha páxina específica desta revista algúns dos traballos realizados nas aulas coa poesía de Uxío Novoneyra. Intentamos ilustrar (con imaxes e sons) as referencias, centrais na súa poética, aos elementos do espazo natural, para ampliar o léxico e os coñecementos sobre a natureza, e mais para reforzar as suxestións do diálogo coa terra novoneyrano.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Omondi, Assane: a desigualdade no mundo

Mostra do traballo co alumnado de 3º da ESO e cos islandeses participantes no intercambio do Comenius sobre o problema da inmigración e as desigualdades que o sistema provoca.
Partindo da historia de Assane e mais da de Omondi, o alumnado, en grupos, escribiu palabras e frases que se foron conectando entre si para formar o texto final, que ten incluída unha pequena poesía.

TEXTO (inglés e galego)

Omondi, Assane. Young people from Kenya and Senegal.
Are they lucky ? Are they happy ? Are we lucky? Are we happy?

I am lucky.

It’s hard to see the suffering in the world.

Sadness, suffering, lonlyness, cry, help, hungry, poverty, unequality, hope, dreams,courage, empathy,…

Assane is an inmigrant with a story very insteresting. He had to take three trips before he finaly arrived to Spain with his courage and get a better life. He discovered the uninquality in the world, he was hard working, but he survive. He wants freedom, he got freedom.

Poverty is a problem of the inmigrants. Some of them discovered that life can be better in other countries. They are even sometimes willing to risk their life in their search for happiness.

An sad adventure is inspiring.It can change your life. It makes you see that life isn’t always easy. You must follow your dreams,… but you need to solve problems for getting them.

Omondi wants to feel his feet on green grass.

So I’d want to love.

So I’d Want to kiss.

So I can to love.

So I can to kiss.

So I’d want to help.

So I’d want to protect.

So I am able to help.

So I am able to protect.

What is our quality of life if we cannot help …. Or we don’t help ? … WHAT ARE WE THINKING ? Maybe sometimes we need to be reminded: all the dreams are fullfilled for most kids from Spain and Iceland.

Omondi, Assane. Xente nova de Kenya e Senegal.
Son afortunados? Son felices? Somos nós afortunados? Somos nós felices?

Eu son fortunado.

É difícil ver o sufrimento no mundo.

Tristeza, sufrimento, soidade, chorar, axudar, fame, pobreza, desigualdade, esperanza, soños, coraxe, empatía…

Assane é un inmigrante cunha interesante historia. Tivo que facer tres viaxes antes de chegar a España, tivo moita coraxe e ó final conseguiu unha vida mellor. Descubriu a desigualdade no mundo, tivo que traballar duro, pero sobreviviu. Quería liberdade, conseguiu a liberdade.

A pobreza é un problema dos inmigrantes. Algúns deles descubriron que a vida pode ser mellor noutros países. Incluso arriscan a súa vida na procura da felicidade.

Unha aventura tan triste é inspiradora. Pode cambiar a túa vida. Faiche ver que a vida non é fácil. Debes seguir os teus soños…, pero necesitas resolver problemas para conseguilos.

Omondi quere sentir a herba verde baixo os seus pés.

Quixera amar.

Quixera bicar.

Podo amar.

Podo bicar.

Quixera axudar.

Quixera protexer.

Son capaz de amar.

Son capaz de protexer.

Que calidade de vida é a que temos se non podemos axudar… ou simplemente non axudamos? QUE ESTAMOS A PENSAR? Podería ser que ás veces necesitamos que nos lembren: todos os soños dos rapaces e rapazas de España e Islandia están completos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Calendario do 3º trimestre

Chuzame! A Facebook A Twitter

Relato gañador do certame A Caramiña

Na categoría Paquebote, outra brillante creación de Alba Fernández Souto.

LUZ DE VIDA

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornalismo PDC

Velaquí uns textos xornalísticos creados partindo de novas do interese dos seus autores (alumnado de 3º de PDC) e tras realizar unha investigación sobre o tema.

En capturas emerxentes:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mulleres na historia

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp