Arquivos

Nube de etiquetas

1ª reunión cos membros do Equipo de 4º e 1º

Por fin nos reunimos este luns
Non nos cundiu moito pero saíron propostas interesantes para levar a cabo.
Sara García – coordinadora do boletín.
Laura García e ? (non lembro cal era a outra persoa, enviádeme o nome) – coordinadoras da iniciativa do baile.
Alba Pérez – coordinadora do Dicionario Visual no primeiro ciclo.
*As persoas interesadas en formar o grupo organizador do Lipdub deberán comunicalo.
Como proba dos que alí estivemos, aquí tedes a fotografía que enviou Sara Dorgambide.

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Goza cos relatos gañadores d'A Caramiña

Aquí vos presentamos os relatos gañadores do certame d’A Caramiña, para que poidades gozar deles neste tempo de lecer ou cando vos apeteza.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta
Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Tabarra, en papel no XXV aniversario

Remata o curso e a nosa revista volve, nunha edición especial en papel e a toda cor, para conmemorar o XXV aniversario do centro e da propia publicación.
RECOLLÉDEA CANTO ANTES NA CONSERXARÍA!
NON AGARDEDES A QUE SE ESGOTE!
BOAS VACACIÓNS!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Alumnado gañador do Concurso de relatos A Caramiña

Na xuntanza que tivo lugar hoxe no IES da Pobra do Caramiñal, o xurado dos premios do Concurso de relatos A Caramiña decidiu outorgalos ás seguintes persoas:

Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso.
Nesta mesma categoría, o xurado acordou tamén facer unha Mención especial a Laura Pouso Garabato (IES da Pobra, 1º ESO A) polo texto As siluetas da carballeira.
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento.

Moitas grazas a todo o alumando da Barbanza pola súa participación e por transmitirnos o alento preciso no camiño da nosa lingua e da nosa literatura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Convocatoria do Certame A Caramiña

Preme para ampliar

Chuzame! A Facebook A Twitter

Semana de flocos e curtas

Desenvolveuse no noso IES, ao igual que noutros 80 centros galegos, a Semana das Curtas, un ciclo de curtametraxes e videoclips que son unha boa mostra da creación audiovisual galega de hoxe en día. A iniciativa partiu do IES do Audiovisual de Vigo, así como a acertada selección do material, que incluíu diferentes temáticas e xéneros, con moito proveito educativo.
A difusión do noso cinema, de por parte, é aínda máis importante nestes días nos que as autoridades, empeñadas nunha política cultural destrutiva, veñen de pechar o espazo web social Flocos.tv, premio Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, que contaba con preto de 400 filmes e máis de 1800 membros rexistrados. Recomendamos ler ao respecto o artigo Abalar e Flocos.tv, do presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Xoán Costa.
Deixamos aquí unha escolma das curtas da Semana que se poden atopar na rede. Seguro que presta velas de novo, ao tempo que comentamos e votamos no blogue da actividade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Certame de creación dun calendario con lema

Bases:

  1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no Centro, de maneira individual ou en grupo.
  2. A creación consistirá nun marco para bordear o conxunto dos meses dun calendario da aula e mais nun lema que o acompañe.O marco, de temática e forma libres, pode ser un debuxo inédito, unha imaxe propia ou calquera composición orixinal. Poderá ocupar a totalidade ou parte da folla do calendario, mais sempre deixando un amplo espazo baleiro no que se incrustarán, en caso de obter o premio, os meses.O lema, que se situará de maneira ben visíbel sobre o marco, terá como finalidade o fomento do uso do galego e basearase nos beneficios do seu coñecemento e práctica desde o ensino, na oportunidade de desenvolver competencias e o multilingüismo desde o galego. Un exemplo: Desde o nós a máis linguas
  3. Realizarase, a man ou con impresión e sen asinar, nunha cartolina de tamaño DIN A-3
  4. Entregarase na Aula de Informática do Aulario II no segundo recreo de calquera luns ou xoves ata o remate do prazo, que será o 4 de novembro. A cartolina irá acompañada dun sobre pechado no que se recollan os datos do(s) autor(es), cando menos nome e curso.
  5. Establécese un único premio, dotado con 30 €, aínda que o xurado pode estimar conveniente que sexa compartido. A composición gañadora poderá ser posteriormente asinada e será publicada e distribuída polas dependencias do Centro.
  6. O xurado estará constituído por diferentes membros do Equipo de Dinamización, profesorado, alumnado e persoal non docente. Non formará parte del a persoa encargada de recoller as creacións.

Convoca

EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega)



Chuzame! A Facebook A Twitter

Producións do proxecto Unha imaxe, unha historia


..

(preme para ampliar)

As mellores creacións deste proxecto interdepartamental, froito dun longo traballo previo por parte do alumnado de pescuda, lectura de imaxes, construción textual, etc., poden verse xa na exposición que ofrecemos a toda a comunidade, situada no patio cuberto do aulario I.

Cada imaxe ten aquí a súa propia historia, real ou imaxinaria, que se irían co vendaval do tempo se non as atraparamos cos nosos  aparellos: a lingua de noso, as memorias compartidas, a nosa creatividade, as ganas de contar e dicir… e as novas tecnoloxías.

Para ler as historias na rede (e comentalas), abonda con acceder ao noso blogue. Na nosa conta de Flickr temos o conxunto das imaxes, algunhas xeolocalizadas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Concurso Letras Galegas 2010

Concurso Letras galegas 2010

Chuzame! A Facebook A Twitter

Correlingua en Rianxo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Calendario do 3º trimestre

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp