Arquivos

Nube de etiquetas

Crebacabezas

dscn0381b
Con motivo do Día escolar das Matemáticas, podemos ver e manexar na Sala de Usos Múltiples unha ampla colección de crebacabezas. Un desafío para todos.
[kml_flashembed movie="http://flash.picturetrail.com/pflicks/3/spflick.swf?ql=2&src1=http://pic80.picturetrail.com/VOL2125/12367454/flicks/1/7107563" width="540" height="410" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Medición do ángulo do sol

Dentro das actividades programas co eido do ano internacional da Astronomía, o noso centro vén de participar na actividade de medición do radio da terra.

Para iso, instalamos na pista polideportiva un gnomon, e ó longo da mañá fomos marcando as sombras, deixando constancia da hora da medición, e o autógrafo de quen fixo a marcación.

Con isto conseguimos os datos para establecer:
- o ángulo de elevación do sol, que resultou ser de 50º e 8´;
- establecer con exactitude a orientación Norte-Sur;
- determinar aproximadamente o mediodía solar: as 13.39 horas.

A continuación introducimos os datos obtidos, xunto coa distancia do noso inti ó paralelo 40, no formulario da AIA-IYA2009. Cas medicións achegadas por tódolos colexios participantes fíxose o cálculo promediado do radio da Terra, conqueríndose como resultado: 5975 metros, un pouco por debaixo da medida real.


Véxase aquí

[kml_flashembed movie="http://photopeach.com/public/swf/story.swf?photos=http://photopeach.com%2Fapi%2Fgetphotos%3Falbum_id%3Dkcbn50" width="400" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Historia do cálculo

Fragmentos das proxeccións e exposicións didácticas sobre o tema realizadas no noso IES.





Máis capítulos da Historia do Cálculo, nesta canle de divulgación.

O vídeo sobre a historia do cálculo paréceme moi interesante; por exemplo, saber que na Prehistoria usaban croios para realizar as súas contas. Os romanos tiñan os seus números representados por letras (I, C, M, L, D, X) e tamén contaban coas falanxes das mans (de 3 en 3).
O que me resulta máis atraente son os ábacos (chinés, xaponés, ruso). Nas escolas, para a aprendizaxe dos nenos e nenas, empregaban ábacos para cálculos sinxelos (sumas, restas…). Tamén é moi curioso o uso das cordas anoadas (quipus), con moitos nós e distintas cores segundo o número que se quixera representar.

MARÍA VILLOCH (3ºB)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp