A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Ana Lojo Romero gaña De Galice à Antibes! 2014


ANA LOJO ROMERO, alumna de 4º ESO-CUALE A2 do IES Pobra do Caramiñal

De Galice à Antibes! 2014”

Este curso, dende o Departamento de Francés animamos o alumnado de 4º ESO, 1º de Bacharelato e CUALE a participar no concurso “De Galice à Antibes! 2014”, organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG), en colaboración co Centro Internacional de Antibes (CIA) en Francia e a embaixada de Francia en España. Cada alumn@ tiña que presentar unha mini-curta en torno ao tema “La langue française, c’est un plus pour moi parce que…” (“A lingua francesa é un plus para min porque…”) No instituto seleccionamos as mellores mini-curtas, resultaron finalistas tres alumnas do grupo de 4º ESO-CUALE e os seus traballos foron enviados a este concurso.

A boa, boísima noticia é que a gañadora deste concurso, en Galicia, pertence a este grupo de finalistas de 4º ESO-CUALE do IES Pobra do Caramiñal!!! O seu nome vai quedar para sempre na memoria deste instituto como a primeira alumna en conseguir este prezado galardón: ser recoñecida como unha grande artista, amén de lle ter sido recoñecido un bo nivel na lingua francesa.

O traballo diario foi duro, pero o esforzo pagou a pena xa que, ademais de aprender esta fermosa lingua, resultou ser a gañadora do concurso . O premio é, nada máis e nada menos, que unha viaxe de 15 días a Antibes, con formación en francés incluída!!! Serán unhas estupendas vacacións lúdico-lingüísticas nesta fermosa cidade do sur de Francia, onde, ademais de ampliar os seus coñecementos de francés, poderá visitar a “Côte d’Azur” (Costa Azul) , coñecer outras culturas…!!! Por suposto, con todos os gastos pagos!!!

Os nosos parabéns á gañadora ANA LOJO ROMERO!!!

Ana, amuse-toi bien en parlant français , parce que le français est un plus pour toi!!!

Ou o que é o mesmo:

Divírtete falando francés porque o francés é un plus para ti!!!

Toda a comunidade educativa está moi orgullosa de ti, especialmente o profesorado de francés:

Félicitations!!!

Comentarios pechados.