A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Chi Kung con Fernando Rivadulla

O pasado 26 de maio de 2014, e grazas ao departamento de Educación Física, o Mestre Fernando Rivadulla impartiu tres seminarios de chikung para os alumnos de 4º da ESO e 1º de bacharelato.

Fernando Rivadulla ten un amplo curriculum en medicinas alternativas. É investigador das emocións dende hai vinte anos creando un propio método para a mellora da saúde o HBL. Leva facendo Chikung dende o ano 1985, e é discípulo de Sun Junking sucesor directo da 19ª xeneración da escola Taoísta Wudang Longmen e da 25ª xeneración do Tao Qi Gong fundado por Lao-Tseu, pai do Taoísmo.

Os seminarios foron de 110 minutos cada un. Inicialmente o mestre fixo unha pequena aproximación teórica acerca da procedencia destas técnicas e a súa historia. A continuación falounos da repercusión destas sobre a saúde. Primeiramente realizou unha análise “máis occidental” xustificando cientificamente as melloras no proceso respiratorio ao ampliar as zoas de intercambio gasoso cando se implica a parte baixa dos pulmóns, e a redución da ansiedade ao activar o sistema nervioso parasimpático con este tipo de respiración. Posteriormente ampliou esta visión cunha análise máis oriental falándonos da enerxía, da calidade desta, e da repercusión do Chikung sobre o Chi.

Terminada esta pequena introdución pasouse á parte práctica, comezouse con exercicios sinxelos de respiración abdominal sentados nun banco que serviron de base para a parte final onde o mestre nos amosou exercicios de pé e con movemento para optimizar a recollida enerxética da escola Wubaomen.

Ao rematar os seminarios atopabámonos moi relaxados, moi contentos e sorprendidos con esta nova experiencia que seguro abrirá novos camiños.

Queremos agradecerlle a Fernando a súa disposición, a “paliza” de seis horas seguidas de docencia e que nos permitise gozar da súa enerxía.

1 comment to Chi Kung con Fernando Rivadulla

  • Foi, sen dubida, unha experiencia difícil de esquecer e todo un privilexio amosar o meu traballo, a miña adicación, a xente tan xoven, tan atenta e tan vital e tan respetuosa como os alumnos da Pobra.
    Os meus parabens e o meu cariño
    Moitas grazas por este dia tan fermoso
    Fernando