Na xuntanza que tivo lugar hoxe no IES da Pobra do Caramiñal, o xurado dos premios do Concurso de relatos A Caramiña decidiu outorgalos ás seguintes persoas:
Categoría Gamela: Antía Varela Torres e Yaiza Santamaría Pérez (IES da Pobra, 1º ESO D) polo seu relato Xogo perigoso.
Nesta mesma categoría, o xurado acordou tamén facer unha Mención especial a Laura Pouso Garabato (IES da Pobra, 1º ESO A) polo texto As siluetas da carballeira.
Categoría Dorna: David Olveira Seoane (IES da Pobra, 4º ESO C) co relato A decisión correcta.
Categoría Paquebote: Alba Fernández Souto (IES da Pobra, 2º BACH), autora do relato Tralo esquecemento.
Moitas grazas a todo o alumando da Barbanza pola súa participación e por transmitirnos o alento preciso no camiño da nosa lingua e da nosa literatura.








que significa mencion especial?
Ana, unha mención especial é un accésit que outorga o xurado (recollido nas bases, punto 8: http://atabarradixital.blogaliza.org/2011/03/31/convocatoria-do-certame-a-caramina/ ) a aqueles textos que teñen boa calidade pero que non chegan a facerse co premio porque hai outro relato mellor. Ou sexa, é unha forma de recoñecer (sen dotación) os que quedan segundos a pouca distancia do gañador, para entendernos.
Saúdos.
graciñas pola aclaracion