Arrancou hoxe a Semana Cultural do 25 aniversario do centro con diversas actividades e coa inauguración oficial. Neste acto proxectouse un adianto do vídeo elaborado polo alumnado do Ámbito Sociolingüístico de 4º, presentado por Qingqing, Patricia e Loreto con estas palabras:
Por iniciativa do Departamento de Lingua galega e desde o Ámbito sociolingüístico, quixemos ampliar as perspectivas sobre o centro e sobre o ensino, situarnos no futuro do pasado para entender mellor o presente deste instituto. Tratábase de aproveitar o noso vinte e cinco aniversario para abrir e conectar a aula co exterior, a historia recente colectiva coa individual, os afáns do alumnado cos do profesorado.
Entrevistamos, entón, aos dous profesores que levan no centro desde a súa apertura, María Xosé Fernández Cid e José Maneiro, e que, polo tanto, nos podían dar unha perspectiva máis ampla, á profesora deste claustro que tamén pasou polo instituto como alumna, Carmen Giménez, e a oito ex-alumnos de diferentes promocións que actualmente desempeñan profesións ben diversas. Entrevistámolos para coñecer puntos de vista variados sobre a evolución e o funcionamento do centro, sempre buscando extraer contrastes e olladas críticas. Aprendemos
a valorar o esforzo de todos na mellora do ensino que se imparte aquí, pero tamén atopamos moitas razóns que apoian o desexo compartido de termos, os alumnos, máis co-responsabilidade, máis medios, máis profesorado, menos atrancos na aprendizaxe.
A versión completa, no remate da semana.








Comentarios recentes