Temos por fin rematada a reportaxe que aborda o conflito derivado da publicación en Tuenti de imaxes tomadas no noso centro e na que se reflexiona sobre os usos que lles damos e poderiamos dar ás redes sociais no ensino. Foi realizada por alumnas de 1º de Bacharelato e por alumnado de 3º ESO (PDC), que conversaron con implicadas, co director e mais co profesor Xosé Maneiro, con experiencia no emprego das TIC en proxectos educativos. Parabéns a todos.
Recollemos aquí o audio de Radio A Tabarra e achegamos tamén unha versión en vídeo que podes levar en 3gp para o móbil (directamente aquí).
Audio:
Vídeo:



Comentarios recentes