A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Para procurar mellor na rede

Aínda que o máis importante é como se utilizan as informacións e os recursos que atopamos na rede, é imprescindíbel precisar a súa busca. Hai abondas guías na web, pero non está de máis termos a nosa propia chuleta:
procuragooglereducido

O anterior refírese ao buscador máis empregado, pero non o único. Xustamente, Microsoft acaba de lanzar Bing, nunha versión aínda moi beta, tamén con interface en galego (actívase automaticamente se temos o navegador na nosa lingua; se non, escóllese desde Extras > Preferencias > Amosar). Polo de agora, son interesantes as opcións na procura de imaxes.

No ensino, un buscador moi útil para as ciencias é WolframAlpha.

No que se refire ás imaxes, cómpre ter en conta que non podemos empregar (reutilizar) todos os resultados destas aplicacións, pois moitas teñen os dereitos reservados. Usaremos, entón, ou ben bancos de imaxes libres ou ben buscadores de imaxes con licenza Creative Commons, como FlickrCC ou Compfight (neste caso, seleccionando Creative Commons Only).

1 comment to Para procurar mellor na rede