A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Os prexuízos desde Ramón Piñeiro

A lingoaxe i as lingoas, o discurso de ingreso de Ramón Piñeiro na Real Academia Galega (1967), pode considerarse o texto co que se inicia a formación da sociolingüística galega. Nel introduce nocións fundamentais, entre elas a de prexuízo. Este controvertido intelectual, ao que se homenaxea este ano nas Letras Galegas, analiza aí por exemplo a asociación do galego cos grupos desfavorecidos e do castelán cos dominantes, así como os efectos psicolóxicos que provoca esta situación.
Un dos prexuízos que recolle e segue en boa parte vixente é aquel que identifica, en todas as sociedades occidentais, progreso con homoxeneización cultural, coa conseguinte dificultade para entender que o desenvolvemento pode e debe ser compatíbel coa pluralidade.
É fundamental o feito de que lle outorga un sentido histórico e social ao problema da lingua, entendendo que este afecta á autorrealización da colectividade que a fala. Así, o problema da lingua é o problema do país e a recuperación da lingua a recuperación do país.
Unha escolma dos prexuízos aínda actuantes na sociedade galega é o que nos presenta alumnado de 4º nestas diapositivas:
[kml_flashembed movie="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=osprexuzoslingsticos-090428163331-phpapp01&stripped_title=os-prexuzos-lingsticos" width="425" height="335" wmode="transparent" /]

2 comments to Os prexuízos desde Ramón Piñeiro