A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Iniciativas que crean rede

[kml_flashembed movie="http://apps.rockyou.com/rockyou.swf?instanceid=136122472&ver=102906" width="520" height="420" wmode="transparent" /]

Baixo ese título desenvolvemos unha charla-coloquio -que superou as nosas expectativas- coa intención de reflexionar criticamente sobre os usos que facemos das redes sociais, coñecer alternativas aos espazos e empregos máis estendidos e facernos máis conscientes do valor e da ampla presenza da lingua galega nos intercambios comunicativos nas comunidades da web.

A profesora Pilar Ponte, coñecedora das potencialidades e das reviravoltas legais e comerciais das diversas redes sociais, causou impacto botando luz sobre as interaccións en internet e sobre as intencións e as implicacións de determinadas condutas en redes como Tuenti ou Facebook. Amosou, ademais, a vitalidade e as vantaxes do emprego da lingua galega neses espazos e en iniciativas propias como Cabozo ou Lareta.

O xornalista e articulista Xosé Emilio Vicente, impulsor e xestor da rede de novas sociais Galiza Rebelde, presentou este sitio como unha alternativa na web social para o intercambio da información ao empregar unha aplicación funcional (slinkset) na que son os propios usuarios os que achegan e valoran as novas. De maneira moi sintética, ofreceu algunhas claves para entender o funcionamento dos media, poñendo en cuestión a súa gratuidade e pretendida obxectividade.

Por último, Charo, integrante do Colectivo de dinamización cultural e autoxestión do lecer Aturuxo, creou unha rede de discusión sobre o uso da lingua, cun alento cuestionador que fixo aflorar multitude de prexuízos e situou no ámbito ideolóxico e afectivo os factores da recuperación de falantes e da fidelidade lingüística.

[Pódense ver as imaxes ampliadas]

1 comment to Iniciativas que crean rede

  • aprofa

    Moitísimas grazas Xano polas túas xenerosísimas palabras, non sei para vós, desde logo para min si resultou unha experiencia moi educativa. Saúdos.