Arquivos

Nube de etiquetas

Por unha web social verdadeiramente multilingüe

Velaquí a animación de inicio dunha campaña que pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerábel abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen. Se producimos na nosa lingua milleiros de vídeos en Youtube, por exemplo, por que non dispormos tamén da posibilidade de manexar a aplicación en galego? Na actual rede, na que os usuarios son os protagonistas, a nosa comunidade internauta está e continuará a contribuír a esa necesaria adecuación e ampliación de usos. Impulsémola!

[kml_flashembed movie="http://atabarradixital.blogaliza.org/files/2009/03/proba.swf" width="500" height="145" wmode="transparent" /]

Se queres unirte á nosa campaña e poñer no teu sitio a animación, pega en HTML o seguinte código:

Fixéronse eco: Na lingua de tod@s, Chuza, CTNL, Lingua de amor, Nasas, Centro de Documentación Sociolingüística
Algúns sitios que xa se sumaron: A estrela solitaria

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 comments to Por unha web social verdadeiramente multilingüe

  • Marchando. Se non se nota que estamos é que non estamos, e se non estamos é que non somos, e non seremos. Apúntome. Gran idea. Parabéns.

  • Grazas, Anxo. Teremos que dar máis pasos colectivos en breve.

  • Por certo, por que non empregalo como motivo para unha campaña para o Día das Letras, xa que tamén é o día da Internet? Entre redes coma o Ning, e os ENDL, quizais se lle dera unha forte repercusión nos centros de ensino que son nos que penso fundamentalmente. Xa vexo non Ning, que cada vez somos máis os que empregamos a lingua na rede. E temos que ser máis.

    Un saúdo.

Olark Livehelp