CD Recompilación CC: compartindo as creacións

atabarraportadas

Levámolos connosco. Boas vacacións!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Poemarios visuais man a man con Neruda

neruda

Ler poesía é unha forma especial de comunicación: o poema é unha voz solitaria, evocadora, sensorial... provócanos, inquiétanos, desconcértanos, mesmo nos enfada e desasosega...
Na páxina específica: Neruda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Radio A Tabarra: recomendacións musicais

Sete grupos de todos os estilos recomendados por estes nosos locutores case profesionais. Coñécelos?


Descárgao

En podcast enriquecido:


.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Feramente literario

O noso vídeo sobre Anxo Rei Ballesteros na súa versión final (que non definitiva). Unha fascinante investigación-homenaxe do alumnado de Bacharelato.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

BOYFRIEND & GIRLFRIEND

Obra teatral representada por alumnado de 3º ESO

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (3)

Contos do alumnado de 1º ESO no Proxecto Interdisciplinar

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Un centro que reborda arte

Grazas a esta xa referenciada e estupenda iniciativa do Departamento de plástica para mellorar o contorno do IES e impulsar a creatividade do alumnado, poderemos gozar en breve dun novo mural na entrada do Centro. Recollemos aquí parte do proceso de composición, que realiza a gañadora do concurso, Amparo Fernández, e mais outros murais adxacentes.
Se non carga, pode verse aquí.

A obra rematada:

convivencia

.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Concerto ben didáctico

Presentación. Preme no PLAY da parte inferior

Vídeos:


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Descubre como se navega en galego

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Música con voz propia

Velaquí o resultado do grupo de intercambio homónimo en Enredeiras.
Agradecemos a A Nosa Terra TV que puxese a disposición de tod@s nós os vídeos que serviron de base para esta mestura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (1)

RAPACES

Somos moi afortunados. Os rapaces españois nacemos nun país rico, facilítannos unha educación e non traballamos. Noutros países os rapaces non teñen esa sorte; morren esfameados, non estudan, padecen enfermidades, sofren guerras sen saber os motivos...
Por que non podemos sacalos deses infernos?
Acaso non teñen dereito coma nós?
Estou segura de que se me deran a oportunidade de traer un, traeríao, e se fose unha ducia, tamén, pero non podo; non me deixan porque son unha nena, porque non podo facerme cargo. E eu pregúntome: e valo facer ti? Non. Vivimos unha sociedade de consumismo, gastamos, e gastamos, e gastamos máis e máis, pero, se en vez de comprar unha wii por reis, doáramos algúns cartos a Cáritas ou mandáramos unhas botellas de auga a África salvariamos a persoas, rapaces coma nós, coas mesmas meniñas nos ollos, co mesmo corazón no peito, co mesmo dereito a vivir, a disfrutar, a sentir felicidade e, coma todos os nenos, a xogar.

Hai moitos sitios onde viven rapaces,
pero aínda traballando e sufrindo,
sendo brancos, negros ou amarelos,
cargando fusís nas guerras,
ou morrendo de fame,
non deixan de ser
RAPACES

Sara García Varela (1º ESO B)

Ligazóns de interese:


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Para comprender e contribuír a deter o cambio climático

Producións do alumnado de 3º ESO




Máis, no blogue de grupo Un mundo cambiante, perigo constante.

.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

As linguas suman

[Preme nas frechas do fondo]


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización, constituída por docentes que traballamos nos colexios e institutos no día a día e que, polo tanto, coñecemos a realidade dos centros e a súa situación lingüística, vemos con moita preocupación o problema xerado nos últimos tempos arredor da presenza das linguas no ensino, que derivou nunha confrontación aberta arredor dun ben común que nos tiña que unir, a lingua galega.
Consideramos que a convivencia do galego e o castelán non ten que ser un problema senón unha vantaxe, unha oportunidade para a nosa sociedade. Algo que todos os estudos e o sentido común da inmensa maioría da poboación galega avalan, vén sendo perigosamente interpretado dende determinados sectores políticos. E máis perigoso é que se trasladen ós centros de ensino problemas que non atenden a razóns pedagóxicas, abocándonos cara a un escenario de lamentable confrontación social.
Ademais pensamos que dende unha perspectiva pedagóxica todos os implicados no ensino deberiamos centrarnos en conseguir que os nenos e nenas sexan igualmente competentes en galego e castelán. Polo tanto, o debate que se ten que abrir é precisamente este: que medidas temos que adoptar para conseguir que os rapaces e rapazas dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.

Podes consultar o tríptico tamén abrindo estas imaxes: linguassuman1 e
linguassuman2

MÁIS

UNHA DUCIA DE COLECTIVOS, AMPLAMENTE MAIORITARIOS NO ENSINO, ÚNENSE PARA RECLAMAR QUE NON SE DEAN PASOS ATRÁS

As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego".

Asinan:

CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística

.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

« entradas anteriores Project-Id-Version: wpmu Report-Msgid-Bugs-To: wp-polyglots@lists.automattic.com POT-Creation-Date: 2009-02-02 17:01+0100 PO-Revision-Date: 2008-08-22 12:06+0200 Last-Translator: Tati Mancebo Language-Team: galego MIME-Version: 1.0 Content-Type: text/plain; charset=UTF-8 Content-Transfer-Encoding: 8bit X-Poedit-Language: Galician X-Poedit-Country: SPAIN X-Poedit-SourceCharset: utf-8 X-Generator: KBabel 1.11.4 Project-Id-Version: wpmu Report-Msgid-Bugs-To: wp-polyglots@lists.automattic.com POT-Creation-Date: 2009-02-02 17:01+0100 PO-Revision-Date: 2008-08-22 12:06+0200 Last-Translator: Tati Mancebo Language-Team: galego MIME-Version: 1.0 Content-Type: text/plain; charset=UTF-8 Content-Transfer-Encoding: 8bit X-Poedit-Language: Galician X-Poedit-Country: SPAIN X-Poedit-SourceCharset: utf-8 X-Generator: KBabel 1.11.4